Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obradoiro de competencias dixitais básicas dirixido a mulleres

O Concello de Bueu e a Fundación Esplai, co financiamento da Consellería de Política Social, organizan un obradoiro de competencias dixitais básicas dirixido a mulleres.

Nel explicaranse temas como a xestión de arquivos e almacenamento na nube, a navegación por internet, a comunicación a través de diversas ferramentas, aplicacións para a vida diaria, seguridade na rede, redes sociais, xestións telemáticas ou a busca de traball, entre outras moitas cuestións.

O obradoiro comezará o 17 de setembro ás 10 horas na sala de xuntas do Centro de Información ás Mulleres e desenvolverase ata o finais de outubro. As inscricións serán gratuítas e deberán facerse no CIM, a través do teléfono 986324395 entre as 12.30 e as 13.30 horas, ou a través do enderezo electrónico cim@concellodebueu.gal