Obradoiro de canto e pandeireta
Evento xa rematado
-
Data
1 septiembre, 2018
-
Hora
6:00 pm - 8:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Centro Social do Mar acolle o 1 de setembro ás 18.00 h un obradoiro de canto e pandeireta, que será impartido por Xurxo Fernandes no marco das Xornadas Etnográficas do Morrazo.
Xurxo Fernandes
Fai o curso diplomado «La cultura tradicional en el s. XXI» na Universitat Politécnica de Valencia e fai o posgrao de «Especialización en Música Tradicional Galega» na USC. Acude a varios cursos de percusión ibérica no Conservatorio Folque de Lalín. Estuda técnica vocal con varios mestres, entre os que destaca Carmen Rey.
Na actualidade director do grupo de canto e pandeireta de Xacarandaina, Os fillos de Pepa a Loba e PAN.SEN.FRON. e membro fundador, xunto a Quique Peón, de Radio Cos. Dirixe o corpo de baile de Cantigas da Terra.
Ao longo da súa carreira impartiu clase en moitas asociacións culturais e grupos folclóricos, cursos, obradoiros pola xeografía galega e nos Centros da Galiza exterior.
Colabora con diversos grupos como Ialma, Pepe Vaamonde Grupo, Kepa Junkera… e participa nas gravacións doutros tantos CD’s.