Obra de teatro: «De Vilatriste a Vilalegre»
Evento xa rematado
-
Data
9 julio, 2024
-
Hora
9:00 pm - 11:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
- A representación é unha produción do Teatro O Cubo co CDG e poderase ver de balde este martes a partir das 21 horas
O Centro Social do Mar de Bueu acollerá este martes, 9 de xullo, a obra de teatro «De Vilatriste a Vilalegre», unha creación de Teatro O Cubo en coprodución co Centro Dramático Galego para a celebración do seu 40 aniversario. A obra, que se poderá ver de balde a partir das 21 horas, é un texto de Roi Vidal Ponte, con deseño e plástica de Beatriz de Vega, interpretación de Uxía Algarra e Roberto Casal Mouriño, e co-dirixido por Sofía Espiñeira e Roberto C. Mouriño.
Teatro O Cubo, en coprodución co Centro Dramático Galego, aposta por dar o protagonismo aos monicreques neste reto escénico coa teima de sempre: que as persoas de todas as idades poidan gozar das súas propostas.
Beatriz Vega encárgase do deseño e a plástica, Roi Vidal crea unha disparatada trama na que se mestura identidade rural galega, superpoderes e 40 anos de Centro Dramático Galego. O resultado é unha divertida peza de títeres que percorrerá prioritariamente o rural galego a bordo da “Utópica Rodante”, un vehículo que transportará o teatro por todos eses concellos que ousen acoller esta intrépida proposta.
A obra conta a historia de Trepas, alcume dun mozo habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente, e que, axudado por unha singular superheroína, terá que descubrir a fórmula para vencer ao seu inimigo.