Obra de teatro: As historias do avó Manuel
Evento xa rematado
-
Data
27 marzo, 2018
-
Hora
12:00 pm - 1:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
Con motivo do Día Mundial do Teatro, que se celebrou o 22 de marzo, o Concello de Bueu, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, organiza a representación teatral da obra «As historias do avó Manuel» a cargo de Migallas Teatro. A obra poderase ver o 27 de marzo, ás 12.00 horas, no Centro Social do Mar de Bueu.
SINOPSE:
A partir do libro “Un avó especial”, que trata sobre a relación entre un avó e a súa neta, vanse entrelazando cancións e ditos infantís de tradición oral recollidos na páxina web www.orellapendella.gal.
Deste xeito, os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural imposta pola publicidade e a sociedade de consumo. Anímase a manter vivos os xogos, cancións e ditos sinxelos dos/as nenos/as de antano como medios de diversión, socialización e aprendizaxe.