Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Obra de teatro: «#2 Pilgrims»

Evento xa rematado

O Centro Social do Mar acolle o 11 de novembro, ás 20 horas, a obra de teatro «#2 Pilgrims» que se insire no marco do programa «Tornar ás táboas» da Deputación Provincial de Pontevedra. A entrada será de balde ata completar capacidade.

SINOPSE: Lembrades a Sheyla Fariña e a Guillermo Carbajo? Probablemente non. Pero nalgún momento das súas vidas foron persoas recoñecidas polos seus traballos na televisión. Ela protagonizou a serie Acacias 38, e el foi o neno de Pratos Combinados. Agora as súas carreiras están acabadas.

Vivimos nun mundo caótico e imprevisible pero grazas a globalización, ás redes sociais, a Netflix e a un ditador psicópata, quizáis lles quede unha última oportunidade que retornar a ese firmamento de estrelas da TVG.

O Camiño de Santiago, a igualdade e as novas masculinidades serán os temas principais do proxecto #2Pilgrims, unha aventura cativadora que poderá catapultar as súas carreiras á actualidade internacional.

INFORMACIÓN SOBRE O ESPECTÁCULO