Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Apalpador e os monifates

O Concello de Bueu organiza o venres 27 de decembro o espectáculo «O Apalpador e os monifates», do que se poderá gozar na Casa da Aldea de Meiro a partir das 18.00 horas.

SINOPSE: Os Monifates son dous músicos ambulantes, sempre de pobo en pobo, regalando música para que a xente baile e desfrute.

Achégase o Nadal e, como tódolos anos, o Apalpador estase preparando para ir tamén polos pobos carrexando castañas para repartir entre os nenos que comeron pouco e de agasallos para os nenos que se portaron ben durante todo o ano.

O destino quixo que un día se cruzaran os seus camiños e o Apalpador, canso de ir sempre só, este ano decide ir acompañado de Os Monifates e de paso utilizar o seu carromato para non ter que ir cargado de tantas castañas e tantos agasallos.

E así comeza a súa andaina do Nadal, na cal vanse atopar con moitos perxonaxes (monicreques danzantes) ó son desta canción: