Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Letras Galegas de Meiro

Evento xa rematado

O 12 de maio celebraranse as Letras Galegas na Casa da Aldea de Meiro, onde a partir das 18 horas o gaiteiro Xavier Blanco ofrecerá o concerto de “Literatura afinada”, con pezas musicais inspiradas en obras de diversas épocas, desde os xuglares a cantares de cego do medievo, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Anxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Ernesto Guerra da Cal, Blanco Amor, Uxio Novoneira, María Mariño, Eduardo Moreiras, Manuel María, Bernardino Graña e Xosé Neira Vilas. A continuación, o poeta moañés Xosé Daniel Costas presentará o poemario De costumes e agoiros do Mar do Norte, e rematará  evento coa actuación da Candadela de Meiro e Os Palleta Mollada.

As actividades están organizadas pola Asociación Veciñal A Morada e o Concello de Bueu.