IV Xornadas das Alfombras Florais de Bueu
Evento xa rematado
-
Inicio
28 abril, 2018
8:30 pm -
Fin
14 mayo, 2018
8:00 pm
A Asociación Cultural das Alfombras do Corpus de Bueu organiza por cuarto ano consecutivo as Xornadas das Alfombras Florais, cuxos actos se estenderán entre o 12 e o 28 de abril. Así, a programación é a seguinte:
12 de abril, 20.30 horas, Sala Amalia Domínguez Búa: inauguración da exposición de fotografías, dedicada este ano ás alfombras en Bueu entre os anos 70 e 90, ás viaxes internacionais dos membros da Asociación na Comisión Internacional, e aos municipios de Pontevedra onde se confeccionan alfombras.
13 de abril, 20.30 horas, Sala Nobre do Museo Massó: conferencia a cargo de Rafael Sánchez Bargiela, Director Xerente do Plan Xacobeo. Ao remate, actuación do grupo de jazz Los Fantásticos del Morrazo.
14 de abril, 20.00 horas, Sala Nobre do Museo Massó: conferencia a cargo de Vicenta Pallarés, Presidenta da Comisión Xestora Internacional de entidades de Alfombristas de Arte Efímero, que falará sobre o factor da innovación coas delegacións de alfombristas galegas. Ao final, actuará o grupo The Manueles.
15 de abril, 18.30 horas, Centro Social do Mar: Gala Homenaxe aos Alfombristas Veteráns. Homenaxearase aos alfombristas da parroquia e da Praza de Abastos, así como o Club Golfiños, a familia Estévez e Quintela, e o grupo de veciños/as da zona alta da rúa Eduardo Vincenti. O acto estará amenizado pola música do grupo Médula.
20 de abril, 20.30 horas, Centro Social do Mar: dedicarase ao pintor Manuel Otero Baena.
Titulada “Un pintor sen pinceis”, intervirán Covadonga López, directora do Museo Massó, que falará da relación de Otero Baena con Urbano Lugrís; Marta Otero, filla do pintor e exalcalde de Bueu, que será a encargada de explicar a súa faceta máis persoal, e Beatriz Sal Ildefonso, conservadora do Museo de Pontevedra, que abordará a súa vertente máis artística. A continuación, actuación do grupo Son Trio.
21 de abril, 20.00 horas, Museo Massó: dedicarase ao Pergamiño Vindel, e será impartida pola profesora e filóloga Mariña Arbor, coa actuación de The Swinging Flamingos.