I Campionato de Petanca Concello de Bueu
Evento xa rematado
-
Inicio
7 septiembre, 2024
Evento todo o día -
Fin
8 septiembre, 2024
Evento todo o día
- O torneo arrancará o sábado ás 9.30 h e acollerá a 16 equipos con persoas da vila bueuesa e doutras localidades próximas
- O sábado ás 9.15 horas inauguraranse os novos campos de petanca situados na parte de atrás dos Xardíns de Urbano Lugrís
O Concello de Bueu organiza esta fin de semana o I Campionato de Petanca, que terá lugar en As Lagoas, xusto na parte de atrás da zona dos Xardíns de Urbano Lugrís onde se habilitaron uns campos para a práctica deste deporte que se estrearán para este evento, e que se inaugurarán o sábado ás 9.15 horas.
O torneo arrancará ese mesmo día ás 9.30 horas da mañá e haberá diversos torneos por equipos con participantes de Bueu e doutras localidades próximas, como Cangas, Moaña ou Vigo. En total haberá 16 equipos de catro ou cinco persoas cada un, que competirán en partidos entre o sábado e o domingo, cando se prevé a entrega de trofeos ás 13.30 horas.
Este torneo naceu a proposta dalgunhas persoas que practican este deporte na vila dende hai anos e que supón unha forma de desconexión e de manterse en activo.