Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

FICBUEU: Gravación en directo de ‘Carne cruda’

Evento xa rematado

‘Carne cruda’. Domingo 9 de setembro – 18:00h. Centro Social do Mar. Entradas

O programa radiofónico Carne cruda arrinca a súa décima temporada cunha edición especial sobre cinema que marcará o inicio do tour ’10 anos, 10 cidades’. Actualidade, entrevistas, música en directo e humor serán só algún dos contidos deste espazo a contracorrente dirixido por Javier Gallego “Crudo”, que incluirá unha conversa co cineasta finlandés Juho Kousmanen con motivo do seu Premio de Honor FICBUEU 2018. Galardoado cun Premio Ondas, Carne cruda emítese na actualidade tanto na súa web como na de eldiario.es, e tamén en plataformas galegas como PontevedraViva Radio ou Cuac FM.