Festa do Millo Corvo
Evento xa rematado
-
Inicio
8 abril, 2018
8:00 am -
Fin
10 abril, 2018
Os próximos 6,7 e 8 de abril celebrarase o XX Encontro – Degustación do Millo Corvo no lugar de Meiro. O evento está organizado pola Asociación Cultural e Deportiva de Meiro e ofrecerá a oportunidade de moer nun muíño de agua, degustar diferentes platos elaborados con Millo Corvo, talleres e obradoiros de artesanía, charlas divulgativas, catas e degustacións, animación e música…
A programación para os tres días é a seguinte:
VENRES 6:
18.00 h: Muiñada nos Muíños do Canudo. Xornadas educativas
Actuacións dos gaiteiros Árdelle o Eixo (Pazos de Borbén). Queimada a partir das 22.00 h
SÁBADO 7:
11.30 h: apertura da Ecotaberna, exposición e venda de produtos naturais e orgánicos
12.00 h: roteiro medioambiental Coñecemento do medio. Árbores e plantas silvestres (Gaspar Bernárdez, amigo das plantas, enxeñeiro forestal e paisaxista)
14.00 h: actuación dos gaiteiros Seicachoce (Catoira)
16.00 h: obradoiro de encaixe de horquilla (Fina Carrillo, Academia Agulla e pincel)
17.00 h: obradoiro elaboración de crema de caléndula e hipérico (Siegrum Bischof, fitoterapeuta e naturópata)
18.00 h: charla Os morcegos no Morrazo (David Álvarez Graña, técnico en recursos naturais e membro das asociacións Drosera e Anduriña)
19.00 h: Charla Loita velutina no Morrazo. Obradoiro e degustación produtos elaborados con mel. hidromel… (Chema Bello, DAGA Morrazo)
20.00 h: degustando o Mirabel do Rosal, A froita Galega Gourmet petiscos e cervexa artesá (Salvador, Mirabel do Rosal)
21.00 h: actuación musical do grupo Virandeira Folk (Vigo)
DOMINGO 8:
11.30 h: apertura Ecotaberna, exposición e venda de produtos naturais e orgánicos
12.00 h: charla Álvaro Cunqueiro, millo e cultura do viño (Xavier Castro, historiador)
Cata – degustación Adega Leive (Manuel Docampo, Adegas Aurea Lux), Inscrición previa
13.00 h: obradoiro elaboración de zume verde de plantas silvestres (Siegrum Bischof, fitoterapeuta e naturópata)
14.00 h: actuación das pandereteiras Novas Amistades de Nespereira (Pazos de Borbén)
16.00 h: Convivium Galicia Litoral- Xantar de Vagar Slow Food
Obradoiro de cociña con produtos da Arca do Gusto: millo corvo e requeixo (coa colaboración de Campo Capela, S.C.G.)
17.00 h: obradoiro lácteos: iogur, queixo fresc0. Tarta de queixo de cabra con millo corvo (A Meixoeira S. Coop. Galega)
17.30 h: obradoiro Fiado e tinguido de lá (Alpacas As Bolboretas)
18.00 h: Charla «Y se hizo la luz: el maíz como eje de la cultura mesoamericana». Obradoiro de cociña tortitas mexicanas (Gabriela Gutiérrez Espinosa, antropóloga social).
19.00 h: actuación da agrupación folk Pé de pote (Mondariz)