Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Festa de Beluso

Evento xa rematado

O Concello de Bueu, coa colaboración do Bar Onza, organiza as festas de Beluso que se celebrarán o 14 e o 15 de agosto.

A programación arrancará o luns coa actuación musical Versiones A.M. que se poderá ver na Plazoleta de Beluso ás 22 horas. Ao día seguinte, ás 11 h terá lugar o pasarrúas con Os Liboreiros polas rúas da parroquia. Pola tarde, ás 17.30 horas, organizarase no Parque Joe Novas unha festa infantil con inchables, xogos populares e festa da escuma, e pecharase pola noite cunha verbena a cargo de Distrito 7 e Dúo Verde Menta.