I Feira da Ciencia e da Literatura
Evento xa rematado
-
Data
14 abril, 2018
-
Hora
Evento todo o día
-
Praza Massó
Praza Massó, s/n, 36930, Bueu
O IES Johán Carballeira e o Concello de Bueu organizan o 14 de abril a I Feira da Ciencia e da Literatura, que se celebrará na Praza Massó durante todo o día. Alí haberá conferencias e encontros que teñen como eixe fundamental a confluencia entre a ciencia e a literatura, non como dous espazos estancos senón con obxectivos comúns.
O programa é o seguinte:
11.00 h: apertura de stands ( carpa grande)
12.00 h: presentación da feira (carpa pequena)
12.30 h: contacontos O peixe Arcoiris
14.00 h: peche de stands
17.00 h: apertura de stands
17.00 h: obradoiro de Xulio Verne (Museo Massó)- previa inscrición no teléfono 886 151 101
18.00 h: obradoiro Orientarse no mar (Museo Massó)- previa inscrición no teléfono 886 151 101
18.30 h: contacontos O peixe Arcoiris
19.00 h: charla desfibriladores a cargo do Dr. Eirea (carpa pequena)
20.00 h: peche de stands
21.00 h: observación astronómica / charla contaminación lumínica (Praza Massó)
Os stands que se poderán ver son:
Batman: Coñece os morcegos
Os nenos da varíola: Eu vacino, ti protexes
La evolución de Calpurnia Tate: Vexo, vexo … e ademais penso
Septiembre puede esperar: Matemáticas en guerra
Frankenstein: A faísca da vida
El marciano: Morrer en Marte? A ciencia vaime axudar
A Illa misteriosa: Do lume ao xabón, pero primeiro saber onde estou
20.000 leguas de viaxe baixo os mares: O mundo de Nemo e moito máis