Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espectáculo teatral sobre Luísa Villalta de «Polo Correo do Vento»

Evento xa rematado

O Adro de Sanamedio acolle este venres, 17 de maio, o espectáculo teatral «Tinta do mar: pequena biografía sobre Luísa Villalta», unha proposta de Polo Correo do Vento co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra.

A actividade, que se desenvolverá ás 16.30 horas, consistirá na narración da vida de Luísa Villalta e na creación dunha ilustración da autora. Ademais, abrangue a interpretación de distintas pezas musicais e pecharase cun pequeno coloquio adaptado á idade da rapazada participante. Completarase a sesión cun obradoiro no que cada asistente elaborará a súa propia caricatura de Villalta.