Espazo musical: actuación de Sondarúa
Evento xa rematado
-
Data
6 julio, 2020
-
Hora
10:00 pm - 11:00 pm
-
Praza Massó
Praza Massó, s/n, 36930, Bueu
O Concello de Bueu organiza todos os luns unha serie de actuacións musicais para poñer en valor a cultura e ofrecer alternativas de lecer para a cidadanía. Así, o 6 de xullo, a céntrica Praza Massó encherase coas letras combativas e rapeiras do grupo Sondarúa, que presentará ás 22.00 h o seu último disco Eterno combate. O evento contará con todas as medidas de seguridade establecidas pola Covid-19 e o aforo será limitado.
SonDaRúa, unha das bandas con maior proxección do panorama galego dos últimos anos, volve á carga con Eterno Combate (PlayPlan 2020), o seu primeiro disco de longa duración tras o lanzamento do EP Liberando mentes (2018).
O grupo, formado por Hugo Guezeta e Álex Arnoso ás voces e That Bass como DJ, plasma neste novo traballo o seu estilo, que sempre bebe da ironía, da musicalidade e a tradición oral popular galega, pero combinándoo co hip hop máis reivindicativo, de crítica social e política.