Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 21: espectáculo de Bea Campos

Evento xa rematado

O Concello de Bueu presenta por segundo ano consecutivo o programa de actividades do ‘Espazo Convida 21’, que ofrecerá durante os meses de xullo e agosto diversas alternativas de ocio e cultura para a rapazada e as familias.

Así,  o xoves 5 de agosto, o Parque de Sanamedio-Bon acollerá a partir das 21.30 horas un espectáculo teatral para persoas adultas a cargo de Bea Campos. Actriz, narradora e directora teatral, Bea Campos é licenciada en arte dramática pola ESAD de Galicia onde recibiu o premio de interpretación Marta Sieiro. Dende moi nova comezou a contar contos, realizou milleiros de actuacións e puido levar os seus contos ata o outro lado do mar, participando en actos como o Festival de Artes Escénicas do Caribe en Colombia.

Ao igual ca o ano pasado, o Concello establecerá medidas para cumprir con todos os protocolos Covid-19 da Xunta de Galicia e facer que a cultura poida gozarse en espazos seguros, de aí que se aposte polos lugares ao aire libre. Así mesmo, controlarase o aforo e levarase a cabo a desinfección de todas as cadeiras, que estarán perfectamente separadas e limpas, e tamén se recomenda que a cidadanía se inscriba previamente a través dos formularios habilitados na páxina web www.concellodebueu.gal.