Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Espazo Convida 21: «A louca historia de Galiza» de Fulano, Mengano e Citano

Evento xa rematado

O Concello de Bueu presenta por segundo ano consecutivo o programa de actividades do ‘Espazo Convida 21’, que ofrecerá durante os meses de xullo e agosto diversas alternativas de ocio e cultura para a rapazada e as familias.

Así,  o xoves 12 de agosto, o Parque Novas de Beluso acollerá a partir das 21.30 horas o espectáculo teatral «A louca historia de Galiza» de Fulano, Mengano e Citano. «A louca historia de Galiza» é un percorrido en clave de humor a través da nosa historia, e lévanos por todos eses períodos de luces e de sombras, -ás veces de apagón total- que fixeron de nós o que hoxe somos. É un paseo polas orixes, costumes e tradicións desta terra de bispos e reis, nobres e servos, heroes e tiranos, situada entre a fin do mundo e o norte de Portugal.

Ao igual ca o ano pasado, o Concello establecerá medidas para cumprir con todos os protocolos Covid-19 da Xunta de Galicia e facer que a cultura poida gozarse en espazos seguros, de aí que se aposte polos lugares ao aire libre. Así mesmo, controlarase o aforo e levarase a cabo a desinfección de todas as cadeiras, que estarán perfectamente separadas e limpas, e tamén se recomenda que a cidadanía se inscriba previamente a través dos formularios habilitados na páxina web www.concellodebueu.gal.