Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ciclo de cinema galego: «A viaxe de Leslie» de Marcos Nine

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza durante o mes de maio o Ciclo de Cinema Galego, no que se proxectarán catro filmes galegos.

O 31 de maio proxectarase «A viaxe de Leslie» de Marcos Nine, que se poderá ver ás 21 horas no Centro Social do Mar. O custe de entrada será de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para non soci@s.

SINOPSE: Nas costas de Cedeira hai unha placa que lembra o acontecido o 1 de xuño de 1943 naquelas augas. Ese día, cazas alemáns abateron un avión comercial que cubría a liña Lisboa – Bistol. Morreron todos os ocupantes. Entre eles estaba o célebre actor Leslie Howard. As elucubracións sobre as razóns do ataque aínda perduran ata hoxe. Era Leslie Howard o obxectivo? Por que? O filme apunta algunhas das hipóteses máis fundadas, entre as cales está a axenda clandestina do actor, involucrado en labores ao servizo do goberno.