Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Charla «Texto e territorio IV»

Evento xa rematado

O 7 de agosto arrancarán as Xornadas «Tempo de lecer», organizadas polo Concello de Bueu e o grupo «O mar por diante», coa mesa redonda “Texto e territorio IV”, na que participarán artistas da vila ou vinculados a ela, como Cristóbal Gabarrón, José María Barreiro, Olalla González, Marc Taeger e Nerea Cordeiro, coa moderación de Salvador Castro Otero. A través desta mesa búscase visibilizar o talento da creación e ao tempo que se analizan os vasos comunicantes posibles entre creación, reflexión, formación, escrita e territorio. Así mesmo, tamén se reflexionará sobre o xeito no que o espazo familiar de desenvolvemento persoal inflúe na creación artística.

A actividade será ás 21 horas no Centro Social do Mar.