Charla Apálpate de Adicam
-
Data
13 noviembre, 2024
-
Hora
6:00 pm - 8:00 pm
A Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama e Xinecolóxico (Adicam) e o Club de Pensionistas e Xubilados Vila de Bueu, coa colaboración do Concello de Bueu e da Xunta de Galicia, organizan o mércores 13 de novembro unha charla sobre a detección precoz no cancro de mama.
Baixo o título de «Apálpate» terá lugar este encontro no baixo da Biblioteca Municipal Torrente Ballester ás 18 horas e nel poderán participar todas as persoas interesadas.