Actos Día de Rosalía
Evento xa rematado
-
Data
24 febrero, 2019
-
Hora
11:30 am - 2:00 pm
-
Os actos centrais serán este domingo, 24 de febreiro no Parque Ramal dos Galos, onde terán lugar unha lectura pública da obra de Rosalía, un obradoiro de creación de chapas e un concerto de Xardín Desordenado
O Concello de Bueu únese aos actos de celebración polo Día de Rosalía. Os actos centrais serán este domingo, 24 de febreiro, a partir das 11.30 horas no Parque Ramal dos Galos, onde terá lugar un obradoiro de creación de chapas con frases da obra rosaliana, unha lectura pública e rematarase cun concerto de Xardín Desordenado, titulado precisamente “Rosalía entre outras”.
As actividades están organizadas polo Concello de Bueu coa colaboración da Deputación de Pontevedra e nelas poderán participar tanto a rapazada como as persoas máis maiores. O obxectivo é achegar a obra de Rosalía de Castro dunha forma amena e diversa, e por iso o espazo elixido para os actos é o Parque Ramal dos Galos, un lugar que se está recuperando por parte do goberno local, e no que se combinan o xogo co pracer pola lectura dada a súa situación próxima á Biblioteca Municipal Torrente Ballester.