Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Actividades medioambientais Cabo Udra: xornada didáctica teórico – práctica de iniciación ás aves

O Concello de Bueu continúa este mes de outubro con novas propostas de actividades medioambientais para todas as idades e que se organizarán na Aula da Natureza de Cabo Udra e na súa contorna. O programa conta co financiamento do GALP Ría de Pontevedra e lévase a cabo, ao igual ca en todo o verán, pola Asociación Alados, especializada no coidado da natureza, con obradoiros, rutas, charlas e xornadas didácticas.

O 6 de outubro, terá lugar ás 10.30 horas unha xornada didáctica teórica e práctica de iniciación ás aves para persoas de 15 anos en diante, na que se fará unha introdución á ornitoloxía e na que se darán a coñecer diferentes especies de Paseriformes e Costeiras máis habituais tanto en Cabo Udra como en zonas litorais próximas.

Os datos da actividade son os seguintes:

Cando:  Domingo 6 de Outubro

Horario: 10,30 a 12,30 h

Lugar: Aula da Natureza de Cabo Udra (Bueu)

Actividade para Adultos. Menores a partir dos 15 Anos

INSCRICIÓNS