Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Actividades medioambientais Cabo Udra: paseo familiar «As aves»

O Concello de Bueu continúa este mes de outubro con novas propostas de actividades medioambientais para todas as idades e que se organizarán na Aula da Natureza de Cabo Udra e na súa contorna. O programa conta co financiamento do GALP Ría de Pontevedra e lévase a cabo, ao igual ca en todo o verán, pola Asociación Alados, especializada no coidado da natureza, con obradoiros, rutas, charlas e xornadas didácticas.

O 5 de outubro, Día Mundial das Aves, terá lugar ás 11 horas o paseo familiar “As Aves” no que se ensinará o fascinante mundo das aves e das súas familias.

Os datos da actividade son os seguintes:

Cando:  Sábado 5 de Outubro

Horario: 11 a 12:30 h

Lugar: Aula da Natureza de Cabo Udra (Bueu)

Actividade para Familias. Menores a partir dos 5 Anos

INSCRICIÓNS