Actividades Cabo Udra: Xornada de anelamento científico de aves
Evento xa rematado
-
Data
14 septiembre, 2024
-
Hora
6:30 pm - 9:00 pm
O Concello de Bueu organiza diversas actividades medioambientais na Aula da Natureza de Cabo Udra, que terán lugar ao longo do mes de setembro e que contan co financiamento do GALP Ría de Pontevedra.
O 14 de setembro, ás 18.30 horas, haberá unha nova xornada de anelamento científico de aves. Da man do anelador científico e doutor en bioloxía Jose Arcas, as persoas participantes introduciranse de xeito práctico nesta técnica de estudo de aves, grazas á cal aprenderán en que consiste, os obxectivos que persegue, así como a revisión das redes, como tomar datos das aves capturadas e unha introdución de xeito vivencial no mundo da ornitoloxía.
Os datos da actividade son os seguintes:
- Data: Sábado 14 Setembro
- Horario: A partir das 18,30 ata as 21 h
- Destinatarios: Tódolos Públicos. Menores a partir de 8 anos.
- Aforo: 15 participantes
- Lugar: Aula da Natureza de Udra (Bueu)
- Colaboración co Doutor en Bioloxía, Artista de Natureza e Anelador científico: Jose Arcas
- INSCRICIÓNS