Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Actividades Cabo Udra: Roteiro «Animais e rastros»

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza diversas actividades medioambientais na Aula da Natureza de Cabo Udra, que terán lugar ao longo do mes de setembro e que contan co financiamento do GALP Ría de Pontevedra.

O 22 de setembro poderase gozar do roteiro “Animais e rastros”, no que se fará unha exploración da contorna  cunha achega e introdución ás especies de fauna terrestre máis emblemáticas e características dos nosos montes, ademáis da presentación da técnica de seguimento de rastros e sinais de animais.

Os datos da actividade son os seguintes:

  • Data: Domingo 22/09
  • Duración: 1 h e media
  • Horario: De 11 a 12,30 h
  • Punto saída: Aparcadoiro Praia de Ancoradouro, Bueu
  • Destinatarios: Tódolos Públicos. Menores a partir de 7 anos.
  • Aforo: 25 participantes
  • INSCRICIÓNS