Convocatoria pleno xuño 2024
A corporación municipal de Bueu celebrará o próximo 3 de xuño o pleno ordinario, que terá lugar ás 21 horas no salón de plenos, e que tamén se poderá seguir en directo dende a canle de YouTube oficial.
Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:
A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2024-0006, ordinaria do 06.05.2024).
A.1.2.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2024-0007, extraordinaria do 13.05.2024).
A.2.- Moción do GPM do PP sobre o mantemento do Centro Social do Mar.
A.3.- Moción do GPM do PP sobre a subministración de internet.
A.4.- Moción conxunta dos GPM do BNG e, PSdeG-PSOE para a reclamación a Portos de Galicia do mantemento e coidado dos espazos portuarios.
A.5.- Moción conxunta dos GPM do BNG e, PSdeG-PSOE de rexeitamento dos parques eólicos nos montes do Morrazo.
A.6.- Moción conxunta dos GPM do BNG, PSdeG-PSOE e, PP para instar á Deputación de Pontevedra a completar os trámites administrativos para acometer o proxecto de beirarrúas de A Roza.
A.7.- Moción conxunta dos GPM do BNG, PSdeG-PSOE e, PP para instar a Xunta de Galicia a ampliar as beirarrúas na PO-315, entre os lugares de Ruanova, Vilar e Bon (Beluso).
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta do informe sobre morosidade e periodo medio de pagamento relativo ao 1º trimestre do exercicio 2024. Expediente 1549/2024.
B.2.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.3.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
C) ROGOS E PREGUNTAS
Non hai asuntos.