Convocatoria pleno xuño 2022
A corporación municipal de Bueu celebrará o próximo 6 de xuño unha sesión plenaria, que terá lugar ás 21.00 horas no salón de plenos da Casa Consistorial, e que tamén se poderá seguir en directo dende a canle de YouTube oficial.
Os asuntos que compoñen a orde do día son:
A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2022-0007, extraordinaria do 23.05.22).
A.2.- Proposta da alcaldía de aprobación do expediente de contratación da obra “Reforma e ampliación da biblioteca municipal Torrente Ballester”. Obra financiada pola Deputación de Pontevedra. REACPON e Plan Concellos 2022-2023. Expediente 825/2022.
A.3.- Moción do GPM do PP para a adopción de medidas por un Bueu máis limpo.
A.4.- Moción conxunta dos GPM do BNG e ACB de rexeitamento ao convenio de Portos de Galicia sobre a pesca recreativa.
A.5.- Moción conxunta dos GPM do BNG e ACB para que Portos de Galicia asuma de forma urxente e sen escusas o mantemento, conservación, reparación e mellora da totalidade dos espazos portuarios.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta da alcaldía ao pleno do recurso C.A contra o acordo adoptado polo Pleno en sesión de data 07.02.22 de aprobación definitiva do organigrama e relación de postos de traballo (RPT), interposto por unha traballadora do concello. Expediente 1022/2022.
B.2.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.3.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
C) ROGOS E PREGUNTAS