Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno outubro 2023

A corporación municipal de Bueu celebrará o luns 3 de outubro un pleno ordinario, que terá lugar ás 20 horas no salón de plenos da Casa do Concello e que tamén se poderá seguir en directo dende a canle municipal de Youtube.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1- Moción do GPM do PP para a mellora do polígono industrial de Castiñeiras.
A.2.- Proposta do concelleiro delegado de facenda, subvencións e contratación pública para a solicitude do inicio da constitución de entidade supramunicipal e regularización da concesión da auga. Expediente 2794/2023.
A.3.- Comparecencia ante o Pleno do concelleiro delegado de facenda, subvencións e contratación pública trala petición formulada polo concelleiro Daniel Durán Chapela do GPM do PP.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL

B.1.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.2.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno

C) ROGOS E PREGUNTAS