Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno outubro 2022

A corporación municipal de Bueu celebrará ese luns, 3 de outubro, o pleno ordinario, que terá lugar ás 20.00 horas no salón de plenos da Casa Consistorial e que se poderá seguir en directo dende a canle de YouTube municipal.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2022-0011, ordinaria do 12.09.22).
A.2.- Proposta da concellería de Facenda de aprobación do Expediente de Recoñecemento Extraxudicial de créditos 2/2022. Expediente 2327/2022
A.3.- Moción do GPM do PP para a mellora da Rúa Don Juan Veiga Alfonso.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.2.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.

C) ROGOS E PREGUNTAS