Convocatoria pleno outubro 2020
A corporación municipal do Concello de Bueu celebra a sesión plenaria ordinaria o 5 de outubro de 2020, ás 20.00h, na Sala Multiusos do Centro Social do Mar. Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:
A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2020-0009, ordinaria do 07.09.2020).
A.2.- Toma de posesión do cargo de concelleiro da corporación municipal de D. Alberto Moital Cerviño como concelleiro do BNG en substitución de Dna. Inmaculada Concepción Rodríguez Días. Expediente 2527/2020.
A.3.- Proposta de aprobación inicial de expediente de modificación de créditos 26/2020 por transferencia de créditos 10/2020 por importe de 34.000,00 euros. Expediente 2524/2020.
A.4.- Proposta da alcaldía relativa á determinación dos festivos locais correspondentes ao ano 2021. Expediente 2790/2017.
A.5.- Moción do GPM do PP para a creación dun espazo para autocaravanas.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Comunicación da alcaldía da concesión de subvención ao abeiro do Plan Concellos 2020. LIÑA 1. “Subministración de vehículos: furgón con remolque, camión baldeador e camión con brazo grúa”. Expediente 1032/2020.
B.2. Dación de conta ao pleno das liñas fundamentais do orzamento para o ano 2021. Expediente 2498/2020.
B.3.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal dende a derradeira sesión ordinaria.
B.4.- Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas dende a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
C) ROGOS E PREGUNTAS