Convocatoria pleno ordinario xullo 2024
A corporación municipal de Bueu celebra o 1 de xullo un pleno ordinario, que terá lugar ás 21 horas no salón de plenos e que tamén se poderá seguir en directo dende a canle de YouTube municipal.
Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:
A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Proposta do concelleiro delegado de urbanismo, mobilidade segura e sostible e patrimonio municipal relativa á aprobación definitiva do estudo de detalle relativo ao reaxuste das aliñacións no ámbito do solo urbano non consolidado denominado “POL-12. Rúa Nova de Arriba. Cruce”. Expediente 898/2023.
A.2.- Proposta da alcaldía de prórroga da segunda anualidade do contrato do servizo de colaboración na xestión tributaria, censual, inspectora e recadadora e na xestión dos expedientes sancionadores en materia de tráfico. Expediente 1695/2024.
A.3.- Moción do GPM do PP sobre a actuación de Costas do Estado no paseo de Agrelo.
4.- Moción conxunta dos GPM do BNG e PSdeG-PSOE en relación ás propostas da CIG na campaña Stop Precariedade, Traballo Digno.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
C) ROGOS E PREGUNTAS
Non hai asuntos.