Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno ordinario xullo 2022

A corporación municipal de Bueu celebrará o próximo 4 de xullo unha sesión plenaria ordinaria, que se poderá seguir ás 21.00 h no salón de plenos da Casa Consistorial ou en directo dende a canle de YouTube oficial.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2022-0008, ordinaria do 06.06.22).
A.2.- Moción do GPM do PP relativa á transferencia da competencia sobre xestión do dominio público marítimo terrestre.
A.3.- Moción do GPM do PP sobre a recollida de biorresiduos.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta das subvencións concedidas ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra. Reinvestimento de baixas xeradas na LIÑA 1. Expedientes 1120/2022, 1039/2022 e 1127/2022.
B.2.- Dación de conta da concelleira delegada de economía, emprego, turismo e persoal ao Pleno da aprobación da actividade e prezo público das rutas “Sabor e Mar”. Expediente 1467/2022.
B.3.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.4.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.

C) ROGOS E PREGUNTAS