Convocatoria pleno ordinario xaneiro 2024
A corporación municipal de Bueu celebrará o próximo luns, 15 de xaneiro, o pleno ordinario.
A sesión terá lugar ás 20.00 horas no salón de plenos da Casa do Concello, e tamén se poderá seguir na canle de YouTube municipal.
Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:
A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.-Proposta do concelleiro delegado de urbanismo, mobilidade segura e sostible e patrimonio municipal relativa a modificación da aprobación definitiva do estudo de detalle incoado de oficio en Fonte Alta. Expediente 2452/2022.
A.2.-Proposta da concelleira delegada de persoal, promoción económica, comercio local, turismo e praias de aprobación inicial do regulamento municipal de venda ambulante e produtos do campo. Expediente 252/2022
A.3.- Moción do GPM do PP para a actuación urxente na rampa de Pescadoira.
A.4.-Moción conxunta dos GPM do BNG e PSdeG-PSOE para reclamar ao Consorcio de Igualdade e Benestar o arranxo e financiamento total da escola infantil.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.2.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
C) ROGOS E PREGUNTAS