Convocatoria pleno ordinario marzo 2024
A corporación municipal de Bueu celebrará o próximo 4 de marzo o pleno ordinario, que terá lugar ás 20 horas no salón de plenos da Casa Consistorial, e que tamén se poderá seguir en directo dende a canle de YouTube.
Os asuntos que compoñen a orde do día son:
A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2024-0002, extraordinaria do 22.01.2024).
A.1.2.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2024-0003, ordinaria do 05.02.2024).
A.2.- Proposta do concelleiro delegado de urbanismo, mobilidade segura e sostible e patrimonio municipal de denegación da aprobación definitiva do estudo de detalle relativo á ordenación das vivendas comprendidas nos números 59, 61, 63, 65, 67, 69, 71, 73, 75, 77, 79 e 81 da Rúa Montero Ríos. Expediente 104/2022.
A.3.- Moción do GPM do PP para a colaboración coa protectora de animais do Morrazo.
A.4.- Moción conxunta dos GPM do BNG e PSdeG-PSOE polo 8 de marzo día internacional das mulleres.
A.5.- Proposta da alcaldía de aprobación do Plan normativo do concello de Bueu para o ano 2024. Expediente 666/2024.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta do informe sobre morosidade e periodo medio de pagamento relativo ao 4º trimestre do exercicio 2023. Expediente 460/2023.
B.2.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.3.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
C) ROGOS E PREGUNTAS
Non hai asuntos.