Convocatoria pleno ordinario maio 2024
A corporación municipal de Bueu celebra o próximo 6 de maio o pleno ordinario, que terá lugar ás 20 horas no salón de plenos do Concello, e que tamén se pdoerá seguir en directo dende a canle de YouTube municipal.
Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:
A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Moción conxunta dos GPM BNG e PSdeG-PSOE sobre a rexeneración e a mellora integral da praia de Pescadoira.
A.2.- Moción conxunta dos grupos do BNG e PSdeG-PSOE para a reclamación dos dereitos da veciñanza polo corte de abastecemento eléctrico.
A.3.- Moción conxunta dos GPM do BNG, PSdeG-PSOE e, PP para instar á Xunta de Galicia a ampliar as beirarrúas desde Lapamán ata a entrada do cruce de A Torre (Cela).
A.4.- Moción conxunta dos GPM do BNG, PSdeG-PSOE e, PP para apoiar a iniciativa dos familiares dos Bueueses falecidos nos campos de exterminio nazi e iniciar os trámites para colocación de dous Stolpersteine.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.2.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
C) ROGOS E PREGUNTAS