Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno ordinario febreiro 2025

A corporación municipal de Bueu celebra o próximo 3 de febreiro o pleno ordinario, que terá lugar ás 20.00 horas no salón de plenos do Concello.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
1.Aprobación, se procede, de solicitude formal de subscrición de convenio con aceptación de encomenda de xestión coa Dirección Xeral do Catastro. Expediente 3689/2024.
2.Aprobación, se procede, da moción do concelleiro non adscrito Daniel Chapela Durán para a actuación no muro de Quintáns – As Albarias.
3.Aprobación, se procede, da moción do concelleiro non adscrito Daniel Chapela Durán para a celebración do ano Castelao e do Día de Galicia Mártir.
4.Aprobación, se procede, da moción do GPM do PP para a mellora da recollida e reciclado de podas.
5.Aprobación, se procede, da moción conxunta dos GPM do BNG, PSdeG-PSOE, PP e concelleiro non adscrito en apoio á asociación veciñal de Ons para exixir a convocatoria da Mesa por Ons.
6.Aprobación, se procede, da moción conxunta dos GPM do BNG e PSdeG-PSOE para solicitar a Portos de Galicia que autorice a construción dun módulo no porto para embarcacións de remo.
7.Aprobación, se procede, da moción conxunta dos GPM do BNG e PSdeG-PSOE para solicitar a Augas de Galicia que non modifique o actual cauce natural do Río Bispo no centro urbano.


B) ACTIVIDADE DE CONTROL
8.Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
9.Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
10.Actividade de control: Mocións urxentes.