Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno novembro 2024

A corporación municipal de Bueu celebra este luns, 4 de novembro, o pleno ordinario, que terá lugar ás 20.00 h no salón de plenos e que se poderá seguir en directo dende a canle de YouTube municipal.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Moción do GPM do PP para a mellora dos aparcadoiros.
A.2.- Moción conxunta dos GPM do BNG e PSdeG-PSOE para solicitar a unificación dos cursos de infantil de A Pedra cos de primaria.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta da alcaldía ao Pleno da Sentenza desestimando o recurso presentado pola Comunidade de Propietarios Massó – Bloque 5, contra o acordo de aprobación definitiva da ordenanza municipal reguladora da instalación de terrazas vinculadas a establecementos abertos ao público. Expediente 2159/2023.
B.2.- Dación de conta da alcaldía ao Pleno do escrito recibido da Autoridade Portuaria de Marín e a Ría de Pontevedra do 11.10.2024 en relación ao uso público e musealización do Faro de Ons. Expediente PLN/2024/9.
B.3.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.4.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.

C) ROGOS E PREGUNTAS
Non hai asuntos.

ANUNCIO DA DA CONVOCATORIA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO MES DE NOVEMBRO DE 2024