Convocatoria pleno novembro 2021
A corporación municipal de Bueu celebrará o próximo martes, 2 de novembro, a sesión plenaria ordinaria, que se poderá seguir a partir das 20.00 h dende o Centro Social do Mar ou en directo na canle de YouTube municipal.
Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:
A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Proposta de alcaldía de data 25.10.2021 respecto da aprobación do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible. Expediente 2426/2021
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1 Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.2 Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno
C) ROGOS E PREGUNTAS