Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno maio 2021

A corporación municipal de Bueu celebra o 3 de maio a sesión plenaria, que terá lugar ás 20.00 h de forma telemática con retransmisión en directo na canle de Youtube do Concello de Bueu.

Os asuntos que compoñen a orde do día son:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2021-0004, ordinaria do 05.04.21).
A.2.- Moción do GPM do PP para a actuación na praia da Banda do Río.
A.3.- Moción do GPM do PP para a creación dunha programación cultural que dinamice cultural e economicamente Bueu.
A.4.- Moción do GPM do PP para a mellora da casa da aldea de Meiro.
A.5.- Proposta da alcaldía de aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 2/2021. Expediente 50/2021.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta do informe de execución do orzamento do concello correspondente ao 1º Trimestre 2021. Expediente 1087/2021.
B.2.- Dación de conta do informe de morosidade e PMP 1º trimestre 2021. Expediente 1029/2021.
B.3.- Dación de conta do Informe resumo dos resultados de control interno do exercicio 2020 en cumprimento do art. 37 RD 424/2017 do 28 de Abril. Expediente 1067/2021.
B.4.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.5.- Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.


C) ROGOS E PREGUNTAS