Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno febreiro 2022

A corporación municipal de Bueu celebra o luns, 7 de febreiro, a sesión plenaria ordinaria, que terá lugar ás 20.00 horas, e que se poderá seguir de forma presencial no Centro Social do Mar ou en directo dende a canle de YouTube.

Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2022-0001, ordinaria do 19.01.22).
A.2.- Proposta da alcaldía de aprobación definitiva do organigrama e relación de postos de traballo do concello de Bueu (RPT). Expediente 3119/2020.
A.3.- Aprobación do proxecto técnico de reforma e ampliación da biblioteca municipal Torrente Ballester. Expediente 3383/2021.
A.4.- Moción conxunta dos grupos do BNG e ACB para a ampliación das instalacións do Museo Massó.
A.5.- Moción do GPM do PP para a actuación no tramo interior da baixada desde a entrada principal do tanatorio ao viario da deputación EP-1303.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL

B.1.- Dación de conta do informe de execución do orzamento do concello de Bueu correspondente ao cuarto trimestre de 2021. Expediente 267/2022.
B.2.- Dación de conta do informe sobre morosidade e período medio de pagamento relativo ao cuarto trimestre do exercicio 2021 Expediente 1029/2021.
B.3.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.4.- Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.

C) ROGOS E PREGUNTAS