Convocatoria pleno extraordinario xullo 2024
A corporación municipal de Bueu acolle este mércores, 31 de xullo, un pleno extraordinario, que se celebrará ás 8.30 h no salón de plenos.
A sesión vaise emitir en directo dende a canle de YouTube do Concello de Bueu.
Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:
A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2024-0008, ordinaria do 03.06.2024).
A.2.- Proposta do concelleiro delegado de urbanismo, mobilidade segura e patrimonio municipal de resolución de alegacións presentadas e aprobación definitiva do inventario de camiños de titularidade municipal da parroquia de Bueu. Expediente 3150/2021.
A.3.- Proposta da alcaldía de prórroga da segunda anualidade do contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do concello de Bueu. Expediente 2134/2024.