Convocatoria pleno decembro 2024
A corporación municipal de Bueu celebra este luns, 2 de decembro, un pleno ordinario, que terá lugar ás 20 horas no salón de plenos da Casa Consistorial.
Os asuntos que compoñen a orde do día son os seguintes:
A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2024-0011, ordinaria do 23.09.2024).
A.1.2.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2024-0012, ordinaria do 07.10.2024).
A.2.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, aprobación, se procede, da proposta da alcaldía de pase á situación de membro non adscrito de Daniel Chapela Durán e modificación da composición do GPM do PP. Expediente 2042/2023.
A.3.- Aprobación, se procede, da moción do GPM do PP para a adhesión do concello de Bueu ao programa » +Benestar» da Deputación de Pontevedra.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta do informe sobre morosidade e período medio de pagamento relativo ao 3º trimestre do exercicio 2024. Expediente 1549/2024.
B.2.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.3.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
B.4.- Actividade de control: Mocións urxentes.
C) ROGOS E PREGUNTAS