Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno decembro 2022

A corporación municipal de Bueu celebrará o próximo 5 de decembro unha sesión plenaria ordinaria, que terá lugar ás 20.00 horas no salón de plenos da Casa do Concello, e que tamén se poderá seguir en directo dende a canle de YouTube.

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Proposta do concelleiro delegado de urbanismo, vivenda e infraestruturas públicas de aprobación inicial da ordenanza municipal reguladora da instalación de terrazas vinculadas a establecementos abertos ao público no concello de Bueu.
A.2.- Proposta da concelleira de igualdade e benestar social de aprobación do V Plan de Igualdade do concello de Bueu (2022 – 2027).
A.3.- Moción do GPM do PSdeG-PSOE para a mellora dos servizos de saúde ofrecidos no PAC de Bueu.
A.4.- Moción do GPM do PP para a mellora da antiga escola unitaria do Cabalo.

B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.2.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.

C) ROGOS E PREGUNTAS