Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Convocatoria pleno decembro

A corporación municipal do Concello de Bueu celebra o próximo luns, 7 de decembro, o pleno ordinario, que terá lugar ás 20.00 h de xeito telemático e se emitirá en directo a través da canle de Youtube do Concello de Bueu.

Os asuntos da orde do día son:

A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2020-0012, extraordinaria do 24.11.20).
A.2.- Proposta da concellería de mocidade, infancia e normalización lingüística de apoio á campaña e proposición non de lei de iniciativa popular para unha canle xabarín club na TVG e máis e mellor difusión de programación infantil e xuvenil en galego impulsada pola mesa pola normalización lingüística. Expediente 805/2017.
A.3.- Moción do GPM do BNG para a realización de estudos e toma de medidas para a mellora da pesquería do polbo. Expediente 805/2017.


B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta ao pleno municipal da modificación das delegacións en concelleiros, relativo a Xosé Leal Fariña, Ana Isabel Otero Pastoriza e Alberto Moital Cerviño. Expediente 1513/2019.
B.2.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal dende a derradeira sesión ordinaria.
B.3.- Dación de conta das resolucións de alcaldía ditadas dende a derradeira sesión ordinaria do Pleno.

C) ROGOS E PREGUNTAS