Convocatoria pleno abril 2022
A corporación municipal de Bueu celebra o 4 de abril a sesión plenaria ordinaria, que terá lugar ás 20.00 horas no Centro Social do Mar e que se poderá seguir tamén en directo dende a canle de YouTube do Concello de Bueu.
Os asuntos que compoñen a orde do día son:
A) PARTE RESOLUTIVA
A.1.- Aprobación da acta da sesión anterior (núm. 2022-0003, ordinaria do 07.03.22).
A.2.- Proposta da alcaldía de aprobación do plan normativo do concello de Bueu correspondente ao ano 2022.
A.3.- Moción do GPM do PP para a adopción de medidas contra a crise.
A.4.-Moción do GPM do PP para a limpeza de tellados.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
B.1.- Dación de conta dos reparos de legalidade formulados pola intervención municipal desde a derradeira sesión ordinaria.
B.2.- Dación de conta das resolucións da alcaldía ditadas desde a derradeira sesión ordinaria do Pleno.
C) ROGOS E PREGUNTAS