Convocatoria pleno abril 2018
O 2 de abril, ás 20.00 horas, o Centro Social do Mar acolle a sesión plenaria da corporación, coa seguinte orde do día:
A) PARTE RESOLUTIVA
- Aprobación da acta da sesión anterior (acta núm 03/2018 correspondente coa sesión ordinaria do mes de marzo de 2018, celebrada o 05/03/2018).
- Proposta de alcaldía relativa á Aprobación do Recoñecemento Extraxudicial de Créditos núm 2/2018.
- Moción do G.P.M. de ACB SON, relativa á defensa e prevención contra incendios forestais.
B) ACTIVIDADE DE CONTROL
- Comunicación de alcaldía relativa á solicitude de axuda para «Construción piscina cuberta en Bueu» no marco do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal para o exercicio 2018-2019″.
- Comunicación de alcaldía relativa ás actuacións previas á incoación do expediente de contratación da obra «Construción piscina municipal de Bueu».
- Comunicación de alcaldía relativa á designación de membros do GPM de BNG nas comisións informativas permanentes.
- Dación conta relativa á aprobación do Marco Orzamentario a medio prazo (2019-2021) nos que se enmarcará a elaboración dos orzamentos anuais.
- Dación conta dos reparos de legalidade formulados por Intervención dende a derradeira sesión ordinaria.
- Dación conta das resolucións de alcaldía ditadas dende a derradeira sesión ordinaria.