Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Club de Loita do Morrazo participou esta fin de semana no Open Europeo de Categorías Xuvenís de Karate

Un grupo de nenos e nenas do Club de Loita do Morrazo participou esta fin de semana no Open Europeo de Categorías Xuvenís da Federación de Karate, que se celebrou na cidade portuguesa de Oporto.

En concreto, Antía Álvarez fíxose coa medalla de bronce e Naia Thiebaut coa prata na categoría de 6-7 anos, e Iago Álvarez e Jesús Medina quedaron 4º e 5º respectivamente na categoría de 11 anos. Así mesmo, tamén asistiron Zulema González (que acadou a medalla de prata en 12 anos), e Xabi Piñeiro, Álex Barreiro e Juan Urbano, así como o adestrador Pablo Fernández.

O presidente do Club de Loita, Fabián Thiebaut, destacou a importancia deste evento europeo na disciplina de karate. Hai que lembrar que a semana anterior, varios integrantes do Club xa participaran no Campionato de España de Grappling que se celebrou en Valencia.

Dende o Concello de Bueu non podemos máis que dar os parabéns por estes éxitos e animar a todos os nenos e nenas a seguir co deporte.