Cando en 1836 se ratifica a conformación do novo Concello Constitucional de Bueu pola Comisión Provincial da Deputación con capital na parroquia de San Martiño de Bueu non ten unha sé definida nin pensada para acoller o seu Consistorio. Así andará en casas de aluguer todo o que resta de século dezanove ata que se decide nun primeiro momento mercar unha vella salazón ubicada na ribeira mar de Pescadoira coñecida como a Capela Vella (hoxe demuída) para adicala a Casa do Concello.
Repensado mellor o asunto polas Corporacións seguintes, múdase o criterio e decídese construír un edificio de nova planta concebido para o fin previsto ó memso tempo que se agruparía ó xulgado de paz, rexistro civil, escola e outras necesidades públicas da vila. A ubicación elixida foi na rúa do Príncipe, actual rúa de Eduardo Vincenti Reguera, onde anteriormente se asentaban cinco primitivas casas mariñeiras cos seus respectivos circundados que foron adquiridas polo Corpo Capitular e que ademais permitiría a instalación do xerme dunha praza pública ou alameda que servira para instalación do mercado e feira semanal concedida a Bueu xunto co títula de “Villa ou Vila” pola Raíña Isabel II na décdaa dos cincuenta.
A tal fin no ano 1903 coa venda dos “escombros de obra” das cinco casas do Príncipe, a revenda da salazón de Pescadoira e a pedra extraída do monte comunal de Borrallido, permitirían a economía inicial para emprende-la construcción da nova Casa Consistorial de Bueu de seu. Encargado o proxecto de obra, este recaíu no arquitecto provincial don Siro Borrajo. O adxudicatario foi o contratista José González Rodal, de Cangas. O replanteo das obras e a posta a disposición dos terreos a favor do maestro canteiro, don Juan Fontán Gómez, veciño da parroquia de Coiro, producíase o 20 de xullo de 1903. O edificio combinaría a sillería coa mampostería baixo a dirección de obra do tamén arquitecto, don Benito Gómez Román e a súa construcción non exenta de certas incidencias tanto económicas como administrativas nas liquidacións en esencia saíu adiante con algunha que outra modificación á baixa sobre o proxecto inicial remantándose en 1906 e asinándose a cata de recepción e toma de posesión o 20 de xullo de 1903.