Bueu celebra esta fin de semana a XXIX Bandeira Concello de Bueu de Traiñeiras
- O peirao da vila acollerá o sábado a partir das 17.30 horas as probas dos seis clubs participantes na Liga Galega de Traiñeiras B
Bueu celebra este sábado, 20 de xullo, a XXIX Bandeira Concello de Bueu de Traiñeiras, na que participa o Club do Mar Bueu Simei coa súa embarcación B. A proba tomará a saída dende o peirao ás 17.30 horas, e decorrerá ata as praias de Agrelo – Portomaior. Así o se anunciou este xoves na rolda de prensa, na que estiveron presentes Isabel Quintás, tenente de alcalde, Carmen García, concelleiro de cultura, e Manuel Juncal, Javier Pazos e Valente Campos, da directiva do Club do Mar Bueu Simei.
A organización agarda a participación dos seis clubs pertencentes á Liga Galega de Traiñeiras B, que son o CR Cedeira, o CR Puebla, o CR Chapela- Wofco, o CRN Riveira, o CR Salgado – Perillo e o CM Bueu Simei.
A competición desenvolverase nun campo clásico, de 4 longos e 3 viradas por babor, completándose un percorrido regulamentado de 5556 metros.
Por outra banda, o Club do Mar Bueu Simei estará competindo coa traiñeira A nas probas da Eusko Label da ACT, que se celebran na fin de semana na zona do Barbanza, entre Aguiño e Cabo da Cruz.