Bases e solicitude Concilia Bueu 2024
O Concello de Bueu abre o prazo para o programa ‘Concilia Bueu’, que nesta edición traerá importantes novidades con respecto aos anos anteriores, como é a ampliación de prazas, a duración do programa, o horario diario, ou a posibilidade de comedor.
O prazo de inscrición estará aberto dende o 5 ao 12 de xuño, e dende a concellaría de benestar social informan que o programa terá un custe económico para as familias, despois de que se aprobe o prezo público na Xunta de Goberno previsto para a próxima semana. Será de 50 € cada mes de xullo e agosto, e 12,5 € nas semanas do 24 ao 28 de xuño, e do 2 ao 6 de setembro.
As bases e a solicitude poden descargarse a continuación: